A apaixonante historia da tecla “comando”

Hai que ver o que dá de si a wikipedia.
Como apple-novato, paréceme moi intersante (moi freaky tamén, si) a historia desta curiosa tecla, que podedes atopar na wikipedia. Se procurei isto na “red de redes” (como lle chama a voz en off de Enjuto Mojamuto a internet), é porque quería saber por que xa non aparece a mazá na tecla cmd. Curioso, nao é? E ao final atopámonos cos brazos de San Xoán, manda carallo.
Monsanto arruína Haití
Acabo de ver nas noticias da 2 de TVE que a empresa Monsanto “dona” millo transxénico a Haití. Este millo híbrido, ademais de desprazar ao autóctono, resulta que é estéril, non pode “ter descendencia”, así que o ano que vén, a mercar, non?. Todo un detalle por parte de Monsanto, que, por certo, é produtora de máis do 90% de todos os transxénicos plantados no mundo. Unha opa hostil, vaia. Dicía unha viñeta que as fronteiras físicas son inúteis, que agora as invasións son por banco. Neste caso a invasión é por semente, e co agravante que supón aproveitarse da miseria allea para sementar máis miseria allea e máis beneficio propio. Pensemos.